sábado, 16 de abril de 2016

DERRUBANDO MUROS, ARTELLANDO SOLIDARIEDADE:

             
-Comunicado perante o Día Internacional de Solidariedade c@s Pres@s Polític@s-
Nesta data sinalada no ámbito antirrepresivo compre valorar a  situación na que nos atopamos hoxe por hoxe, definida pola conxugación da máis negra tradición represora do Estado Español xunto  ca implementación práctica das  novas reformas represivas e de control social aprobadas nos últimos anos – como a Lei Mordaza.  Situación ante a cal   urxe a ineludible necesidade de organizar a loitar antirrepresiva e solidaria. Non podemos seguir tolerando que se deteñan a ducias de persoas por opinar nas redes, que ingresen en prisión sindicalistas ,que día a día parte dos centos de persoas que están a espera dun xuízo por protestar vaian entrando en prisión e que se extermine lentamente as que xa están presas. Xa abonda!
Non é a primeira vez que o  dicimos, é imprescindible artellar un movemento antirrepresivo amplo, unitario, que se solidarice por igual con todas as represaliadas políticas sexan sindicalistas,estudantes, comunistas, anarquistas ou independentistas. A única condición é manter blandida a máis valiosa arma: a dignidade.
Todas coñecemos e vivimos moitos tipos de represión, dende un porrazo, unha multa ou un xuízo. Mais entre todas as represaliadas, sen lugar a dúbidas, as presas políticas xogan un papel fundamental. Atópanse na situación máis sangrante, lonxe das súas familias e encerradas nas mans dos carcereiros (e) torturadores. E por iso polo a loita pola AMNISTÍA convértese na punta de lanza do movemento antirrepresivo, e nunha reivindicación destacada do conxunto do movemento popular. Pois as presas políticas precisan do calor solidario e reivindicativo que podemos exercer dende a rúa para  que sexan respectadas e un día conquistar a súa liberdade.Fagámosllo sentir, enviémoslles cartas, recademos cartos, difundamos a súa situación, protestemos!
Neste camiño cara a amnistía non cabe dúbida de que haberá escollos e dificultades, mais tamén non nos haxa dúbida de que é o único que asegura a liberdade para as persoas que hoxe están presas, e o que é máis importante, tamén para as que algún día poderemos estalo. Porque a amnistía é política e colectiva e polo tanto sempre se expón na perspectiva da superación das problemáticas que levaron a existencia desas presas.

 Debemos polo tanto estar a altura do obxectivo que nos fixamos e comprender que só será posible acadalo dotándonos da ferramenta adecuada, mediante a organización dunha rede antirrepresiva unitaria, ampla e cunhas reivindicacións parciais e a corto prazo máis sen perder de vista a meta onde nos encamiñamos.

ORGANIZAR E COORDINAR A SOLIDARIEDADE!
CONQUISTAR A AMNISTÍA PARA DERRUBAR OS MUROS DAS PRISIÓNS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario