martes, 2 de junio de 2015

Agredida a mans da policía no Campus Sur activista do movemento estudiantil


Na tarde de onte, día dous de xuño, foi agredida no coñecido como “caleixón” de dereito a compañeira R., tras esta ser requerida para unha identificación sen que houbese ningún feito motivante do mesmo. Ante esto R. solicitou a identificación dos dous policías de paisano que a estaban a parar, os cales respostaron golpeando a moza, acabando por tirala o chan, onde logo lle pisarían unha man.

Tras protagonizar esta brutal agresión totalmente propia dunha dictadura os policías abandoaron o lugar sen máis dilación. O saldo da agresión foi unha escordadura no pulso e pequeñas ruturas na man.

Dende o CSRP transmitimoslle o noso apoio a agredida e tal como xa vimos facendo chamamos a denunciar esta agresión e a constante represión que vive nos campus o estudantado reivindicativo. Facendo a policía en complicidade co rector Viaño da USC un estado policial ante calquer movilización, agredindo aos estudandotes que protestan fronte aos ataques do do goberno a eduación pública. 

Nin unha agresión policial máis na USC!

Solidariedade c@s estudiantes represaliad@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario